Da nosa terra á túa mesa
A Faba,de Lourenzá.
Cultivada, seleccionada e envasada a man pola nosa familia en Lourenzá
xeración cultivando a Faba de Lourenzá
Colleita propia
Coidamos de cada planta nas nosas fincas de Lourenzá
Selección manual
Escollemos soamente as fabas de maior calidade.
IXP Faba de Lourenzá
Orixe e calidade certificados

A nosa historia
Segunda xeración
coas mans na terra.
Somos produtores de segunda xeración de Faba de Lourenzá, amparada pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) que certifica a súa orixe e calidade. Cultivamos dúas variedades de Faba: Faba de Lourenzá e Faba Verdina.
Ademais, facemos recollida de faba fresca en temporada (podes consultar os horarios de recollida no noso teléfono de contacto).
En Fabas Alma do Val somos unha empresa dedicada á produción e venda de varios tipos de fabas, especializados en faba galaica, faba verdina e Faba de Lourenzá. Somos produtores e envasadores de Faba de Lourenzá e Faba Verdina, e distribuímos o noso produto por todo o norte de España.
A tradición familiar e os novos medios de produción combínanse no noso negocio, achegándonos á mesa dos amantes do bo comer e da innovación culinaria, ofrecendo o mellor produto para o paladar máis esixente. Alfonso e Mari somos o Alma do val laurentino, co noso produto e co noso amor por el.
Alma do Val · Lourenzá, Lugo
Vén a coñecernos
A porta sempre está aberta.
Visita a nosa finca e lévate as fabas directamente do produtor
